
O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, acompañado polo xefe da Unidade de Estradas do Estado en Ourense, Álvaro Rodríguez, supervisaba esta mañá en Punxín os traballos que se están a executar no tramo da N-541 que discorre por este concello para reparar e estabilizar os noiros afectados polos episodios de mal tempo rexistrados nos meses de xaneiro e febreiro deste ano.
Durante a visita, Santos destacaba “o importante esforzo que está a realizar o Goberno para reparar nun prazo moi curto os danos e garantir a seguridade e o bo estado das estradas estatais da provincia”. A este respecto, o subdelegado puxo en valor a rápida resposta do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e o traballo da Unidade de Estradas do Estado en Ourense.
En total, as actuacións abranguen doce puntos das estradas A-52, N-120, N-525, N-541 e N-536 e contan cun investimento de preto de 2 millóns de euros.
Entre xaneiro e febreiro de 2026, a provincia de Ourense viuse afectada por unha sucesión de temporais de intensidade excepcional. Unha serie continua de sistemas frontais mantivo durante semanas un patrón persistente de choivas intensas e ventos fortes que provocou a saturación xeneralizada do terreo e afectou a distintos puntos da rede viaria estatal.
Noiros de desmonte afectados
As intervencións distribúense por cinco estradas da provincia e céntranse nos seguintes tramos:
N-120, p.q. 563+100 a 563+200, marxe esquerda.
N-120, p.q. 576+500 a 576+600, marxe dereita.
N-120, p.q. 550+250 a 550+350, marxe esquerda.
N-120, p.q. 559+100 a 559+240, marxe esquerda.
N-120, p.q. 564+100 a 564+250, marxe esquerda.
N-120, p.q. 445+800 a 446+000, marxe dereita.
N-541, p.q. 16+900 a 17+020, ambas as marxes.
N-525, p.q. 236+600 a 237+050, ambas as marxes.
N-536, p.q. 40+950 a 41+300, marxe esquerda.
A-52, p.q. 244+080 a 244+160, calzada dereita.
A-52, p.q. 242+100 a 242+240, calzada dereita.
A-52 (enlace de Ourense Sur, ramal de conexión coa N-525), p.q. 224+000, ambas as marxes.
As obras previstas inclúen a roza de vexetación e a tala de árbores; a escavación das superficies dos noiros para aumentar a súa inclinación e estabilidade; a aplicación de formigón proxectado para protexer as superficies contra a erosión; e a instalación de ancoraxes pasivas.
Así mesmo, contémplase a protección da vía mediante a instalación de barreiras estáticas e dinámicas, malla de triple torsión e redes de cables ancoradas ao terreo. Ademais, repararanse as gabias de drenaxe e substituiranse as barreiras de seguridade metálicas danadas.
Por último, Santos salientou que “a conservación das estradas require un seguimento continuo e capacidade para actuar con axilidade alí onde é necesario”. “Este traballo permanente que estase desenvolvendo permítenos anticiparnos aos problemas e manter unhas infraestruturas que respondan ás necesidades de mobilidade da provincia”, concluíu.
