Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Empresarios dos EE UU visitan a cidade para fixar vínculos con firmas locais

O presidente da Deputación exerceu como anfitrión, que definiu este encontro como unha misión comercial “histórica” para a economía local e para o posicionamento da marca Ourense

Representantes dunha vintena de empresas dos Estados Unidos (EE UU) visitan a provincia de Ourense durante hoxe e mañá co obxectivo de establecer vínculos comerciais con firmas locais. O Centro Cultural Marcos Valcárcel da cidade foi o escenario elixido pola Deputación Provincial para darlles a benvida, co presidente da institución exercendo como anfitrión. Tras un discurso pronunciado en inglés, Manuel Baltar calificou este encontro de “histórico” para a economía local e para o posicionamento da marca Ourense.

“É de agradecer que espertaramos a súa curiosidade e que estudaran plans de negocio para afondar na internacionalización das empresas punteiras de Ourense”, comentou posteriormente o titular do ente provincial. Baltar sinalou que se tratan de firmas “avaladas polo goberno norteamericano e pola Cámara de Comercio dos EE UU” e augurou que haberá acordos de colaboración “importantes”. “O interese espertado por esta misión concrétase hoxe coa súa presenza aquí”, concluíu, tras agradecer tamén o labor da Advanced Leadership Foundation, de Juan Verde.

Pola súa banda, Verde tamén se dirixiu aos asistentes para darlles a benvida en calidade de promotor deste encontro. Tal e como se explicaba, a fundación que el preside fixo o traballo de captación de empresas interesadas en expandirse na rexión. Así, segundo puntualizou, das 20 firmas, destacan fundamentalmente sectores como alimentación e viño, hostalaría e turismo ou do ámbito da tecnoloxía.

Nesta misión tamén se viu implicada a Cámara de Comercio local, así como a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO). Neste marco, o presidente deste colectivo, José Manuel Pérez Canal, tamén valoraba o encontro nunha intervención bilingüe, na que quixo resaltar a capacidade e o potencial da zona para quenes desexen facer negocios. “Ourense conta con sectores produtivos con grandes posibilidades, algúns dos cales son xa punteiros nos seus ámbitos”, dixo, referíndose ao termalismo, enerxía hidroeléctrica, a pizarra e a pedra nagural, o sector agroindustrial ou a elaboración de aceites e recolección e transformación de castaña, viño, I+D+I ou o sector forestal entre outros.

O acto tamén contou coa presenza de Lucía García, da Fundación Incyde e Victoria Rois, no nome da Cámara de Comercio.

Texto e fotos: Sara Fontenla

Artigos relacionados

Back to top button