
Dende este luns 10 de marzo e ata o 19 deste mesmo mes desenvolverase a campaña do Día do Pai de AEVER, da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVER). O obxectivo desta iniciativa de dinamización comercial é “incrementar o poder de atracción da zona, incentivar as vendas polas datas sinaladas do Día do Pai e fidelización de clientes”.
A campaña incluirá o sorteo de 5 cheques regalo de 100 € cada un para mercar no comercio local. Para participar neste sorteo “os nosos cl¡entes deberán rexistrar as súas compras realizadas entre o10 e o 19 de marzo en ccaverin.com/diadopai-2025 ou a través do código QR. Poden participar as veces que desexen, así terán máis oportunidades”, indican dende AEVER.
O día 20 procederase ao sorteo online a través de Google e o seu resultado poranse nas redes sociais da asociación. Os gañadores terán ata o 8 de abril para gastalo, cun mínimo de dous establecementos e un máximo de 50€.
Cada establecemento da campaña terá un corazón recortable onde porá “Quérote Papa”, para que os clientes que desexen fagan unha foto. Esta campaña de AEVER está cofinanciada pola Xunta de Galicia.
