ConcellosQuirogaÚltima hora

En marcha a organización dos Cantos de Taberna, O Val de Quiroga de Tapas e a Festa da Xuventude nesta vila

Cedida.

 

A área de xuventude do Concello de Quiroga vén de comezar as reunións para organizar as actividades que se desenvolverán neste primeiro semestre do ano. Na xuntanza dirixida polo concelleiro de Xuventude, Luis Manuel Arias, á que tamén acudía o rexedor local, José Luis Rivera, deuse inicio á organización das actividades máis inmediatas.

Os Cantos de Taberna que se celebrarán o 22 de marzo é a primeira das actividades na que se traballa e que anunciará as bases e o período de inscricións nuns días.

Fixáronse tamén as datas nas que se celebrará o Val de Quiroga de Tapas, que se desenvolverá entre o 4 e o 14 de abril. Este certame que novamente incluirá bares e cafeterías de Quiroga e San Clodio, presenta como novidade a entrega do premio ao establecemento gañador durante a celebración da Feira do Viño.

Dende o departamento de Xuventude solicitouse un novo campo de Voluntariado á da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. O proxecto presentado centraríase no Pozo do Batán, no río Ferreiriño.

O último punto tratado nesta xuntanza de traballo estaba encamiñado á celebración dunha festa da xuventude a principios de verán, que se irá perfilando en vindeiras xuntanzas.

Back to top button