CulturaCulturaÚltima hora

En marcha as “IV Xornadas de Novela Histórica” de Verín

Esta iniciativa está promovida dende a Biblioteca do Concello de Verín e desenvolverase ata mañá 2 de outubro

 

Bota a andar a cuarta edición das “Xornadas de Novela Histórica” de Verín, pomovidas pola Biblioteca do Concello, no Auditorio. A presentación das xornadas correu a cargo de Manuel Mandianes, doutor en antropoloxía, teoloxía, ciencias politicas, científico titular do CSIC e director do Instituto de Estudos Sociais en Barcelona e de Emilia Somoza, concelleira de Educación, Cultura e Festexos.

No programa deste 1 de outubro interviñan relatores como José Luis Corral, Rosario Raro, J. Calvo Poyato ou Eva Mejuto, mentres que o apartado musical corría a cargo de Sara Ruiz.

O principal obxectivo destas xornadas “é realizar un achegamento a aspectos moito menos coñecidos dos autores deste xénero e as temáticas históricas que os inspiran”. Para isto, as xornadas contarán coa participación de reputados poñentes da máxima solvencia, con obras que avalan as súas teses, moi respectados no seu campo. Este evento é o único deste tipo que se organiza en Galicia.

 

Fotos: Concello de Verín.

Máis información: https://www.novhis.bibliotecadeverin.es/programa/

 

Artigos relacionados

Back to top button