CulturaCulturaÚltima hora

A biblioteca municipal do Barco recibe unha doazón de libros de autores de Valdeorras

 

O pasado 30 de abril a biblioteca municipal Florencio Delgado Gurriarán do Barco de Valdeorras, recibía unha selección de obras da sociedade Galbá Producións e Editorial Galbá, coincidindo co segundo aniversario da súa constitución, nun acto no que estiveron presentes as dúas persoas responsables de xestionar a biblioteca e Mercedes Barros, CEO de Galbá Producións.

Galbá Producións centra a súa actividade en potenciar e promocionar a diferentes autores da comarca de Valdeorras e na actualidade conta con obras de diferentes autores do Barco, Éntoma e A Rúa. Todos en castelán e está a preparar un libro en galego.

“Con moito esforzo e traballo, Galbá está a conseguir crear unha liña editorial que permite ser un elemento diferenciador no mercado”, din dende a editorial asegurando que todas as obras “deseñadas coa inclusión de imaxes, que potencian a forza do texto”.

 

Artigos relacionados

Back to top button