Como unha das actividades con máis éxito, o Magosto do Casino do Barco completaba unha vez máis o aforo. Unhas 130 persoas asistían, na noite deste sábado 21 de novembro, á cea organizada para a ocasión na que os asistentes, nunha sala rodeada de arte, desfrutaban dun completo menú a base de caldo galego, bolos preñados, castañas asadas no forno, torta de roxois, viño, refrescos e licores.
Coma sempre os pratos eran servidos por membros da directiva da Asociación Casino do Barco e, tras a parte gastronómica, viña a musical cun concerto do grupo ponferradino Denominación de Origen Band, rematando a noite ao ritmo de Dani Argü Dj.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver