
O salón de actos da Delegación en Santiago de Compostela da Federación Galega de Fútbol, no Estadio Vero Boquete, acollía na tarde deste 21 de novembro o exame de ascenso á categoría de Xuíz Nivel I da Real Federación Española de Atletismo dos aspirantes do conxunto de Galicia. A esta proba presentábanse finalmente catro valdeorreses.
En total ao exame presentábanse 52 persoas, do total de 64 que estaban inscritas en Galicia.

Ademais nesta ocasión, a examinadora tamén era valdeorresa, xa que era nomeada como tal polo Comité Nacional de Jueces (CNJ) Montserrat Barrio, a responsable dos xuíces da Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo (FGA).
Fotos cedidas.
