Mantendo unha bonita tradición, na tarde deste sábado 21 de novembro Viana do Bolo honraba á patroa da música, Santa Cecilia, co festival organizado pola Coral Polifónica Candea que nesta ocasión compartía escenario coa A.C Abertal da Rúa, enchendo de música e baile a Casa da Cultura da vila.
O evento musical comezaba ás seis da tarde seguindo o programa establecido. Os primeiros en subirse ao escenario eran os anfitrións, os membros da Coral Polifónica Candea; e despois facíano os da Banda de Música que actuaban de forma independente e tamén conxunta.
Despois era a quenda da A.C. Abertal que levaba varios grupos. Primeiro actuaba o de gaitas, despois o das pandereteiras e finalmente dous de baile.

Na gala no faltaban os agradecementos, de forma especial por parte da presidenta de Candea aos presentes, tanto no público como sobre o escenario. E o broche, coma sempre, era a cea de confraternidade.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.