ConcellosO BarcoÚltima hora

Aquilina Álvarez, de Millarouso (O Barco), celebra os seus 101 anos rodeada da súa familia

 

Este sábado 21 de novembro era unha data moi especial para Aquilina Álvarez, natural de Millarouso (O Barco). Este mediodía sentíase moi feliz e mesmo emocionada de estar rodeada pola súa familia para festexar os seus 101 anos. A celebración tiña lugar nun xantar que tiña lugar no Mesón O Isla, en Viloira.

Este veciña de Millarouso ten un fillo e unha filla, ademais de cinco netos e seis bisnetos. Sempre traballou no campo, sachando, e coidando do gando. “Tiñamos galiñas e coellos e vacas, sempre traballei na casa”, comenta. E, mesmo agora, de vez en canto gústalle achegarse pola horta.

Nada máis erguerse cada día almorza con tranquilidade, fai a súa cama, e despois, ademais de facer algunha tarefa doméstica como barrer ou pasar a mopa, tamén se gusta saír a dar un paseo, e acostuma ver a telenovela.

 

 

Conta que sempre lle gustaron as festas e, especialmente, bailar. “Aínda que agora xa no valgo para iso”, matiza cun sorriso.  Neste 21 de novembro manifestaba a súa gran alegría por xuntarse coa familia e, na festa polo seu aniversario non faltaban a tarta, coas candeas, os agasallos e, sobre todo, a atención e o agarimo dos seus seres queridos.

Fotos: O SIL/cedidas.

 

Back to top button