ConcellosGalerías de fotosTrivesÚltima hora

O magosto de Trives, ao ritmo da música de Alberto Cunha, reúne a unhas 350 persoas

 

Unhas 350 persoas dábanse cita esta tarde, a partir das 20h., no edificio de Santa Leonor da Pobra de Trives para desfrutar da tradición do magosto. Comezaba así unha tarde-noite de música, gastronomía e festa, na que se contaba coa actuación de Alberto Cunha.

 

 

 

O custo da entrada era de 2 euros e con ela os asistentes podían saborear, ademais de castañas asadas, panceta, chourizos e bicas, acompañados por viños das adegas da zona. En total servíanse uns 300 quilos de castañas e 125 litros de viño nunha cita organizada polo Concello da Pobra de Trives.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Back to top button