CulturaCulturaÚltima hora

Encontros Termais en Ourense

As xornadas de divulgación pechábanse coas intervencións sobre xestión de augas termais
O concelleiro de Termalismo de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero.
O concelleiro de Termalismo de Ourense, José Ángel Vázquez Barquero.

Dende hai xa uns anos, o mes de setembro tense convertido nunha data singular para celebrar a riqueza termal da cidade de Ourense, unha das más importantes de Europa en canto a caudal e número de mananciais mineromedicinais. É a data na que tradicionalmente se celebra Termatalia (que este ano desprázase ata Arxentina), e o ano pasado tiñan lugar os Encontros Internacionais de Augas, Peregrinación e Espiritualidade. Dando un paso máis nesta aposta, nesta ocasión dende a Concellería de Termalismo apostaron pola organización dos Encontros Termais nos que tiveron cabida diversas manifestacións da relación de Ourense coas augas, especialmente as quentes, minero-medicinais, con diferentes actividades que se desenvolveron na capital ourensá ao longo de toda unha semana.

O programa, arrancaba o sábado 13 de setembro co desfile Calpurnia no entorno das Burgas, un espectáculo de luz, cor, moda e auga para promocionar o turismo termal da cidade pero tamén o comercial, un acto “moi concurrido” asegura o concelleiro de Termalismo do Concello de Ourense José Ángel Vázquez Barquero que valora moi positivamente esta primeira edición dos Encontros.

O propio concelleiro explica que “máis alá de que sexamos Capital Termal, sempre hai que facer unha acción divulgativa, entre outras cousas porque a maioría dos ourensáns somos usuarios das termas pero tamén temos que saber que o termalismo no só se resume no disfrute e uso da agua senón que hai outros elementos como poden ser os terapéuticos”. Sobre ese tema versou a primeira xornada de divulgación que se celebraba o 17 de setembro no centro municipal José Ángel Valente. Alí, expertos na materia analizaron en que medida as aguas ourensás son boas para certo tipo de doencias.

Segundo explica Vázquez Barquero, na segunda xornada de divulgación falouse de temas de arquitectura e de urbanismo, “e aí xurdiron cuestións importantes sobre se as instalacións termais ou balnearios teñen que ser iconos dende o punto de vista arquitectónico ou resulta máis importante que garden un equilibrio en canto á funcionalidade”.

Antonio Freire Magariños, director xerente de Gala Termal, durante a súa intervención.
Antonio Freire Magariños, director xerente de Gala Termal, durante a súa intervención.
Exposición "O arrolo das augas" no centro municipal José Ángel Valente.
Exposición “O arrolo das augas” no centro municipal José Ángel Valente.

A terceira e última sesión que se celebraba na tarde do 19 de estivo orientada cara os temas de xestión, “algo que a nós, dende o punto de vista do Concello, interésanos moito porque temos unha serie de proxectos que queremos desenvolver, nos cales máis tarde ou máis cedo haberá elementos de xestión. Nese sentido é bo saber en que medida a xestión pura, dende o punto de vista da Administración pode ser mái viable que unha xestión mixta ou unha desenvolvida directamente por una empresa privada” asegura José Ángel.

Os Encontros Termais de Ourense que, á parte das xornadas técnicas inclúen outro tipo de actividades paralelas como exposicións ou proxeccións cinematográficas, continuarán mañá 20 de setembro coa VII Escuterada Ourense Termal, concluíndo o domingo día 21 coa II Concentración de Clásicos a partires das 21h. na praza Maior.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button