ConcellosManzanedaÚltima hora

Ensaio da escola de acordeón de Manzaneda ao aire libre

 

Pese ás datas festivas, a escola de acordeón de Manzaneda continuaba coas clases neste sábado no seu local, dende as 11h.. Pero, ás 12h., logo de facer un descanso, a quincena de alumnos da escola decidía continuar ensaiando ao aire libre e, máis en concreto, na terraza da Cafetería Nevada.

E así, o ensaio, dirixido polo profesor Manuel Olegario, derivaba nun improvisado miniconcerto de acordeón ao aire libre.

Fotos cedidas.

Vídeos do ensaio:
https://osil.info/o-ensaio-concerto-da-escola-de-acordeon-de-manzaneda-en-videos/

Artigos relacionados

Back to top button