ConcellosQuirogaÚltima hora

Entra en funcionamento como lugar de enterramento o novo cemiterio civil de Quiroga

 

Este mediodía do sábado 10 de xuño descobríase unha placa conmemorativa do novo cemiterio civil de Quiroga, xa que, malia que aínda quedan pequenos detalles por rematar, xa pode entrar en funcionamento como lugar de enterramento. Ás 12:30 do mediodía levábase a cabo un acto sinxelo de inauguración á que non acudía ningunha autoridade, estaban representantes das distintas relixións que se procesan na comarca- católica, musulmá, evanxelista, testigos de Jehová e protestante- (posto que se trata dun cemiterio municipal no que terán cabida os enterramentos de calquera crenza relixiosa), o alcalde en funcións, Julio Álvarez, concelleiros e presidentes de asociacións en representación dos veciños.

A inauguración realizábase unha vez que xa se pode dar uso ao solo mortuorio, a pesar de pequenos remates incluídos na obra contratada que non puideron realizarse polas condicións meteorolóxicas no edificio aconfesional e no muro de peche, que si o tempo o permite – como matizou o rexedor local, Julio Álvarez – levaranse a cabo a vindeira semana. A dotación de mobiliario, sistema acústico,… da sala de culto sería traballo do que se encargaría o novo obradoiro de emprego.

Julio Álvarez cifrou nun millón de euros o investimento neste cemiterio, contando os máis de 700.000 € do campo santo entre terreos e construción, e a parte da nova rúa que lle corresponde.   O novo recinto mortuorio, endosado ao actual cemiterio, ten unha superficie de 3.326 m2, cun local de culto aconfesional, 1.154 unidades de enterramento novos entre panteóns e nichos e dous columbarios para depositar as urnas das cinzas con 42 espazos cada un.

Dende o novo recinto unha rúa en diagonal e unha serie de rúas facilitan o acceso a todos os servizos do cemiterio así como ao antigo campo santo. Todo o cemiterio está pechado cun muro de formigón visto.

As persoas interesadas xa poden facer a reserva do terreo a través desta preinscrición, para que cada particular poida comprar nichos ou construír a súa sepultura, sempre cumprindo a normativa aprobada para esta instalación. As preinscricións poden realizarse nas oficinas da casa consistorial, onde tamén se facilitará máis información ás persoas que o soliciten.

Artigos relacionados

Back to top button