DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Entre bancais de viñedo, patrimonio e moita historia na VII Andaina de Trives

Publicidade
Medio cento de persoas participaban nesta iniciativa que mestura deporte, turismo e cultura na mañá do 9 de setembro

Dende a rúa San Martín partía ás nove da mañá do 9 de setembro a VII Andaina de Trives. Nela participaban medio cento de andaríns que completaban unha ruta de 14 km cargada de paisaxes máxicas, con numerosos atractivos naturais e culturais e cargada de historia.

O trazado, de carácter circular, saía dende A Pobra de Trives e pasaba polo río Cabalar, seguindo ata Sobrado polo camiño real, pasando por diante do mosteiro do século XII e logo o percorrido continuaba polas viñas ata Mendoia. Dende alí adentrábase pola cazada romana da Via Nova e pasando despois pola Ponte Cabalar e pola Fábrica de Chocolate, para dirixirse finalmente cara Trives pasando pola Corga.

Xa na vila os asistentes poñían fin á xornada compartindo uns petiscos no edificio do Auditorio Julio Vázquez. Dende o Concello de Trives, organizador da actividade, agradecíase a colaboración dos membros da agrupación trivesa de Protección Civil.

Fotos: Concello de A Pobra de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button