ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Entre danzas, xogos e música no XII Mercado Medieval de Veigamuíños-Tremiñá

Preto de 70 postos enchen as rúas desta localidade barquense que retrocede no tempo nesta fin de semana

Dende froita, bebidas, doces e cuncas, pasando por xabóns, prendas de vestir, libros e ata artesanía. Moitos e moi diversos son os produtos que están á venda nos preto de 70 postos do XII Mercado Medieval de Tremiñá-Veigamuíños. Enchen as rúas desta zona barquense que na fin de semana do 18 e 19 de xullo recrea a súa etapa medieval.

Ao mesmo tempo o programa desta feira medieval, promovida pola Asociación de Mulleres Rurais de Veigamuíños en colaboración co Concello do Barco, incluía diversos actos paralelos. Así na tarde do 18 de xullo había demostracións de oficios e un torneo de bolos, mentres as pandereteiras desta entidade percorrían a mostra cantando e tocando. Ademais o público desfruta de danzas medievais na praza ao redor das nove e a partires das dez e media Os Correctos daban un concerto. O programa da mostra continuará mañá.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button