OurenseÚltima hora

O Entroido de Verán de Ourense organiza un desfile polo Casco Vello

Un total de nove comparsas participarán no desfile e a organización dará 1.400 euros en premios
Cartel.

Concello de Ourense e Asociación Cultural Praza do Correxidor convocan, este sábado, o Entroido de Verán 2017, que se celebrará polas rúas do Casco Vello da cidade este sábado, 14 de outubro, desde as 21:00 horas. Para animar á participación, a Concellería de Cultura convoca un concurso que premiará os mellores disfraces individuais e de grupo que participen no Entroido aberto a grupos, parellas, e tamén persoas a título individual, que desexen acudir ao desfile.

Ata 9 solicitudes se presentaron na área de Cultura para participar no desfile, que sairá ás 21:00 horas da Praza Maior, e percorrerá a rúa Lamas Carvajal, Praza de Santa Eufemia, rúa da Paz, praza do Ferro, rúa dos Fornos, para rematar na praza do Correxidor. A entrega de premios será á 01:00h nesta última praza.

Un xurado formado por 5 integrantes elixirá a gañadores e gañadoras tendo en conta a orixinalidade, a chispa diante do público, o vestiario, a maquillaxe, a caracterización e a creatividade. Haberá premios nas categorías individual cun primeiro premio de 150 euros, o segundo de 100 e o terceiro de 50, e con cinco accesits de 30 euros. Igual na categoría por parellas pero sen os accesits.

En canto aos grupos (máis de catro persoas) o primeiro premio é de 300 euros, o segundo de 200 e o terceiro de 100 euros. Asemade, haberá un premio especial para a mellor foto colgada na páxina de Facebook “Entroido de Verán de Ourense” de 75 euros.

Artigos relacionados

Back to top button