Ata Ceceda, en Doade, achegábase esta mañá o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, para celebrar o centenario de Ermitas Fernández. A cumpreañeira tivo oito irmáns, todas mulleres. Tan só queda ela. Do seu matrimonio naceron catro fillos, tres mulleres e un home.
Ermitas procede dunha familia con persoas moi lonxevas, como un tío que chegou aos 107 e unha tía que faleceu con 104 anos.
A viaxe máis longa que fixo esta veciña de Ceceda foi a Asturias, para visitar á familia. Pasou toda a súa vida en Sober. Hoxe celebra os seus 100 anos acompañada da súa familia e seres queridos. O alcalde fíxolle entrega dun agasallo institucional e desexoulle que pase un día de moita felicidade acompañada polos seus.
O Concello de Sober conta a día de hoxe con dez centenarios, sete mulleres e tres homes.