Acompañada da súa familia, Ermitas Fernández Alonso, natural de Soutogrande (Vilariño de Conso), celebra neste 28 de febreiro o seu 104 aniversario na residencia da terceira idade Santa María da Veiga (pertencente á Fundación San Rosendo), onde vive dende hai 5 anos.
Esta centenaria, que ata os 99 anos residía na súa aldea natal, “goza de boa saúde, come soa e segue coñecéndonos a todos, así que estamos encantados”, din dende a súa familia que festexaba canda ela esta data tan especial, na que non faltaban a tradicional tarta nin os agasallos.
Fotos cedidas.