CulturaCulturaÚltima hora

Esgotadas as entradas para o monólogo de Carlos Blanco no Barco

Presentará o seu espectáculo de humor "A Penúltima" este venres no Teatro Lauro Olmo

 

Carlos Blanco presenta no Teatro Lauro Olmo o seu espectáculo de humor “A Penúltima”. Será este venres, 4 de abril, ás 21,00 horas. As entradas (13 euros) xa están esgotadas, segundo confirma o Concello do Barco.

Carlos Blanco chega con imaxes, historias novas e vellas, coa risa garantizada para todos ao longo dos 70 minutos de duración do monólogo. Sobradamento coñecido no panorama galego e nacional pola súa intervención en grandes producións, a súa faceta como humorista vén de longo, con case 20 anos de experiencia, e foi un dos pioneiros do monólogo cómico en Galicia.

Back to top button