EconomíaEconomíaEntroido 2026Última hora

Espectaculares carrozas no desfile matinal da Festa da Cachucha no Carballiño

 

Nunca defraudan. A orixinalidade e espectacularidade das comparsas e sobre todo das carrozas que cada ano participan na Festa da Cachucha do Carballiño sempre sorprenden ao público.

 

 

Neste 2026 non foi unha excepción e na mañá deste domingo 22 de febreiro o defile matinal engaiolaba polas rúa e prazas da vila do Arenteiro. Primeiro desfilaban os folións e pequenas comparsas xunto ás charangas; e despois facíano as carrozas, coidadas ata o máis mínimo detalle.

 

 

De seguido era a quenda do xantar nos diferentes establecementos que participan na festa e pola tarde un novo e aínda máis espectacular desfile.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:

Os folións Os Arrieiros de Petín, O Tameirón e Chandrexa desfilan no Carballiño no marco da XXXI Festa da Cachucha

Back to top button