
A Consellería do Medio Rural vén de informar de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Parafita, quedou controlado ás 18.16 horas de hoxe.
O lume iniciouse ás 00.58 horas de onte venres e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 50 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 6 axentes, 17 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 6 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.