ConcellosRibas de SilÚltima hora

Estabilizado o incendio de Soutordei (Ribas de Sil), con 180 hectáreas queimadas

Imaxe: AtBrif.

 

Ás 18.47 horas deste luns 13 de xullo dábase por estabilizado o incendio do concello de Ribas de Sil, parroquia de Soutordei, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 180 hectáreas, segundo vén de facer público a Consellería do Medio Rural.

Neste lume, que se iniciou ás 18.22 horas do sábado, foi preciso declarar a Situación 2, como medida preventiva, pola súa proximidade ao núcleo de Chenzas, unha situación operativa que quedou desactivada na madrugada do domingo.

Para a extinción deste incendio mobilizáronse, polo de agora, de xeito acumulado, 8 técnicos, 37 axentes, 53 brigadas, 40 motobombas, 4 pas, 9 helicópteros e 8 avións.

Back to top button