ConcellosTrivesÚltima hora

Estabilizado o incendio forestal de Barrio (A Pobra de Trives)

 

Segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería do Medio Rural, está estabilizado dende as 1:23h. desta madrugada o incendio forestal que se iniciaba onte ás 21:44h. na parroquia de Barrio, no concello da Pobra de Trives.

Nos labores de extinción deste lume, que xa afecta a unha superficie dunhas 20 hectáreas, veñen traballando

Nestes momentos están a traballar nos seus labores de extinción 4 axentes, 11 brigadas e 7 motobombas, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

 

Incendio en Grixoa (Viana do Bolo)./ Foto: @BrifLaza.

 

Continúa estabilizado o incendio de Grixoa (Viana do Bolo)

Ademais, continúa estabilizado dende onte o incendio forestal de Grixoa (Viana do Bolo), que afecta a unha superficie dunhas 102 hectáreas. Nel veñen traballando  1 técnico, 11 axentes, 34 brigadas, 21 motobombas, 2 pas, 3 avións e 9 helicópteros, segundo informa Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button