A GudiñaConcellosÚltima hora

Estabilizado o incendio forestal de Pentes (A Gudiña)

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 70 hectáreas

Foto: Brif Laza.

 

O incendio forestal rexistrado no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes, está estabilizado desde as 00,43 horas de hoxe, tal e como informa a Consellería do Medio Rural.

O lume iniciouse onte ás 17,34 horas e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 70 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse, ata o de agora, 5 técnicos, 12 axentes, 25 brigadas, 20 motobombas, 2 pas, 7 avións e 9 helicópteros. Entre as brigadas mobilizadas, participaron tamén nos labores de extinción dous equipos de bombeiros de Estonia, que se atopan de estadía en Galicia no marco do mecanismo europeo de protección civil.

 

Back to top button