CarballedaChandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Estabilizados os incendios forestais de Casaio (Carballeda de Valdeorras) e Parafita (Chandrexa)

Incendio forestal en Parafita (Chandrexa de Queixa)./ Foto: Brif Laza.

 

Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería do Medio Rural, están estabilizados os incendios forestais da parroquia de Casaio (Carballeda de Valdeorras) e Parafita (Chandrexa de Queixa). Así o incendio forestal rexistrado na parroquia de Casaio, permanece estabilizado desde as 23.20 horas de onte venres.

Este lume iniciábase ás 06.16 horas do propio venres, 4 de xullo, e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 técnicos, 6 axentes, 15 brigadas, 8 motobombas, 1 pa, 2 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 1 avión.

Por outra banda, o concello rexistrado na parroquia de Parafita, quedou estabilizado ás 21.32 horas de do venres, 4 de xullo. O lume iniciouse ás 00.58 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 50 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 4 axentes, 12 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 6 avións.

Back to top button