OurenseÚltima hora

Estrea da triloxía de curtametraxes “¡Cambia el horizonte!” en Ourense e Maceda

Foron realizadas por Faiado Producións en colaboración coa Garda Civil de Tráfico

 

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá o día 29 de xuño ás 20h. a estrea da triloxía de curtametraxes “¡Cambia el horizonte!”, realizadas por Faiado produccións coa colaboración da Garda Civil de Tráfico. Son tres curtas cos seguintes títulos: “¿Sabes a quién ayudas?”, “¿Quién lo avisó?” e “No seas cómplice”.

Ademais, ao día seguinte, 30 de xuño terá lugar unha nova estrea, desta volta ás ás 20h. no Salón de Plenos da Casa do Concello de Maceda. Neste municipio realizábase a rodaxe deste traballo audiovisual que busca concienciar á sociedade fronte á tráxicas situacións coas que se enfrontan a diario as forzas de seguridade. “Estas ficcións, que non están baseadas propiamente en feitos reais, pero si en circunstancias reais e que se dan actualmente”, sinala a Dirección Xeral de Tráfico, adiantando que “sen dúbida, creará debate de se como sociedade, realmente estamos a utilizar ben os nosos teléfonos móbiles e se como cidadáns estamos dispostos, mediante as condutas adecuadas, a adquirir unha adecuada dimensión de compromiso coa seguridade colectiva, esperando que o visionado deste traballo abra o debate de se quen ata o de agora o fai, seguirao facendo”.

Estes proxectos foron gravados desde o pasado decembro en Maceda (Ourense), e contan coa colaboración da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, “tanto en presenza real nas citadas curtas, como de tutela e asesoramento no desenvolvemento das tramas. A este proxecto sumouse tamén o Concello de Maceda, diversas empresas e particulares que acolleron con interese a proposta que busca tamén facer un chamamento á conciencia social”, segundo a DXT.

Artigos relacionados

Back to top button