ConcellosÚltima hora

Ethel Vázquez fala das vantaxes do transporte integrado aos concellos da área de Ourense

 

O novo plan incrementará de nun 35% o número de quilómetros percoridos. // Foto: Carlos Asensio.

A Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, mantivo hoxe, 5 de xuño, en Barbadás unha xuntanza cos concellos que conforman a Asociación de Desenvolvemento Rural da Comarca de Ourense (ADERCOU), que integra aos concellos de A Merca, A Peroxa, Amoeiro, Barbadás, Coles, Cartelle, Esgos, Gomesende, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, Ramirás, San Cibrao das Viñas, Toén, Vilamarín e Xunqueira de Espadanedo.

Antes da xuntanza, todos os representantes dos concellos de ADERCOU e a Conselleira, Ethel Vázquez, gardaron un minuto de silencio a modo de condolencia polos atentados de Londres.

As personalidades políticas gardaron un minuto de silencio polas vítimas do atentado de Londres. // Foto: Carlos Asensio.

O obxectivo desta xuntanza foi “explicar a estes concellos o novo plan integrado de transporte de Galicia”, contou a Conselleira. Este plan consiste en integrar as liñas escolares do rural dentro do transporte público que se implantará este agosto. “O obxectivo deste novo plan é garantir a máxima calidade do transporte nos concellos do rural”. Os beneficios que atraerán este novo plan, explicou a Conselleira, é que a xente das parroquias e núcleos tan apartados poidan achegarse ao núcleo principal do Concello para poder coller o transporte de liña que lles achegue á cidade. “Vai haber unha mellora palpable, sobre todo no rural”, dixo Vázquez.

Ethel Vázquez. // Foto: Carlos Asensio.

Nesas liñas “haberá un coidador e as necesidades do alumno van estar blindadas”. Ethel Vázquez salientou que grazas a esta nova integración do transporte “estaremos duplicando o número de paradas” e pasarán de 725 paradas neses concellos a case 1.200, cifrou a Conselleira. Asemade, incrementaranse nun 35% os quilómetros nos 17 concellos que engloban ADERCOU. Tamén coordinarán os horarios coas diferentes liñas e cos diferentes medios de transporte e, polo tanto, “chegar a un transporte máis moderno, máis útil e polo tanto chegar a sitios e núcleos aos que estamos chegando”, dixo. Polo tanto, é unha mellora que en Galicia “supón que 1.700.000 galegos teñan unha parada a menos de 500 metros”, reiterou Ethel Vázquez.


Transporte Metropolitano 

En canto ao Transporte Metropolitano de Ourense, Ethel Vázquez asegurou que estas liñas estarán integradas dentro do plan. Reiterou que, polo momento, en Ourense non se implantará xa que “estamos á agarda das empresaso concesionarias” xa que o concurso quedara baleiro “e sería ilóxico incorporas as máquinas canceladoras se a empresa logo non vai continuar co transporte público” e iso mesmo pasa coa concesionaria da cidade: “unha vez estea adxudicado o transporte público de Ourense, faremos os procesos necesarios”.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button