ConcellosÚltima hora

Evacuado en helicóptero un motorista tras sufrir unha caída en Chantada

 

Arredor das catro e media desta tarde de 23 de marzo producíase un accidente de tráfico na estrada  LU-P-1809, ao seu paso pola parroquia de Mairiz, pertencente ao concello de Chantada. “Foi un particular quen alertou aos xestores do 112 Galicia indicando que un motorista caera ao chan mentras conducía o seu vehículo”, informan dende o 112 Galicia.

Decontado, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaba o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto, para o posterior traslado do ferido. Neste accidente tamén foron informados os Bombeiros de Chantada, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os efectivos de Protección Civil de Chantada, segundos os datos do 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button