ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Evacuado en helicóptero un traballador que caera dunha árbore en Vilamartín

 

Na mañá deste domingo 6 de setembro producíase un accidente en Vilamartín de Valdeorras. Un traballador tiña que ser evacuado en helicóptero tras caer dunha árbore, tal como informan dende o 112 Galicia, puntualizando que “foi unha caída duns dez metros de altura”.

O 112 Galicia recibía o aviso uns dez minutos antes das 12horas. “Segundo un particular, un traballador caera desde unha árbore cando a estaba a cortar, na Portela”, din os xestores do 112 que informaban ao servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero con base en Ourense ata o lugar.

“O ferido sería trasladado a bordo do helicóptero ata o hospital de referencia”, indican dende o 112, engadindo que no operativo tamén participaba a Garda Civil.

Back to top button