Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Evacuados os maiores con gran dependencia da Residencia de Chandrexa de Queixa

 

Durante a visita que o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, realizaba a Chandrexa de Queixa anunciaba o traslado dalgúns dos maiores da residencia de ancianos deste concello, “por precaución” ante os incendios. a outros centros da provincia.

“Aquí en Chandrexa hai unha residencia onde estamos empezando xa, por precaución, o desaloxo dos residentes, canto menos dos grandes depententes. Hai aquí arredor de 25 persoas coa cualificación de grandes dependentes, que estamos procedendo xa a súa evacuación a outras residencias da provincia de Ourense. Igual que fixemos onte na residencia da Mezquita, que foron desprazados á Arnoia, onde estarán un día máis”, aseguraba Rueda.

 

 

Nos labores de evacuación dos maiores colaboraba Protección Civil de Manzaneda e eran trasladados pola Cruz Vermella e por Ambulancias Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button