ConcellosÚltima hora

Exhibición de “pólvora” no marco da Feira de 1812 en Petín

A terceira edición desta feira celebrarase na vila valdeorresa os días 6, 7 e 8 de xuño
Un dos postos da pasada Festa de 1812 en Petín./ Foto: Carlos G. Hervella
Un dos postos da pasada Festa de 1812 en Petín./ Foto: Carlos G. Hervella

De novo da man da Asociación Cultural Fonte Grande, o pobo e os veciños de Petín prepáranse para regresar durante tres días a comezos do século XIX, cando as mulleres desta localidade valdeorresa ousaron facerlle fronte ás tropas francesas en plena invasión. Así, a segunda fin de semana de xuño (días 6, 7 e 8), as rúas do casco antigo de Petín vestiranse de gala para acoller a III edición da Feira de 1812, ano en que se constituían as Cortes de Cádiz.

As rúas Carreira, Fonte Grande, a praza da Veiguiña ou a rúa do Centro, entre outras, recrearán durante toda a fin de semana o ambiente de principios de século, en canto a oficios, artesáns, vida social, tradicións e vestiario. Haberá ferreiros, carpinteiros, cesteiros, palilleiras, postos de comida, de bebida, de doces, exposicións de radios, de bonsais… “Mantéñense os mesmos postos das edicións anteriores, rondando a corentena” explican dende a organización. A taberna tamén estará aberta durante os tres días, e pola noite contará con actuacións musicais de grupos da comarca.

Dende Fonte Grande avanzan que o pregón será o venres en torno ás sete da tarde e a partires de aí a inauguración oficial da feira que non pechará as portas ata pasadas as once da noite.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button