Arredor da mesa xuntábanse na noite deste 11 de xullo as integrantes da Asociación de Mulleres Rurais San Martiño de Viloira (O Barco), acompañadas por familiares e veciños. Celebraban unha animada cea coa presenza dunhas 130 persoas que degustaban un delicioso menú a base de embutidos e queixo, empanada, paella e sobremesas como bica e tarta xeada.
Esta era a primeira vez que a asociación organizaba este encontro gastronómico, que resultaba todo un éxito.
Fotos: A.R.


