OurenseÚltima hora

Expourense acolle a III Feira de Antigüidades do 21 ao 23 de outubro

Os asistentes poderán descubrir curiosidades de máis de 40 expositores
Un momento da presentación da feira, en Expourense.
Un momento da presentación da feira, en Expourense.

Máis de corenta expositores e preto de 40.000 pezas son as cifras máis senlleiras desta III Feira de Antigüidades, que vén de ser presentada en Expourense. O recinto feiral de Finca Sevilla acollerá o evento do 21 ao 23 de outubro, é dicir, esta mesma fin de semana. Organizado pola empresa NougrupFiral, ofrecerá todo tipo de obxectos especialmente dirixidos a nostálxicos, propoñendo un percorrido pola historia a través de postais, discos de vinilo, xoguetes, teléfonos ou máquinas de escribir.

“Esta feira será unha gran oportunidade para poñerse en contacto cos anticuarios de sitios como Andalucía, Asturias, Cantabria, Castela e León, Madrid, La Rioja e Francia”, explicou o xerente e NougrupFiral, Ángel Moix, durante a presentación. Ademais, destacou que este ano, como novidade, a feira contará cunha sección de artesanía.

A entrada terá un custe de tres euros e permitirá acceder os tres días ao recinto feiral. Poderán visitar os expositores en horario de 17 a 21 horas o venres e entre as 10:30 e as 21 horas as xornadas do sábado e do domingo. Tamén se pode adquirir entradas por 2 euros imprimindo o vale de desconto colgado na páxina de Facebook do grupo organizador ou nos folletos que se repartirán pola cidade.

Artigos relacionados

Back to top button