OurenseÚltima hora

Expourense acolle o XIV Simposio sobre Enerxías Renovables e Arquitectura sostible

Terá lugar mañá, xoves 8 de xuño de 9 a 14 h. e poderá seguirse online a través da plataforma Zoom

O XIV Simposio sobre Enerxías Renovables e Arquitectura sostible terá lugar mañá, xoves 8 de xuño en Expourense. É unha actividade de carácter gratuito con previa inscrición na web e o horario será de 9 a 14 h. Ademais, poderase seguir vía online a través da plataforma de videoconferencias Zoom.

 

Durante as xornadas do pasado ano.

 

Este simposio está dirixido a profesionais do sector da edificación, e o seu obxectivo é o de “poñer en valor o papel que xoga a construción de edificios sostibles e eficientes coa tendencia ao consumo case cero”. Así, está organizado por Expourense coa colaboración da empresa ourensá INGEO, a Concellería de Medio Ambiente e a Deputación.

 

Programa da actividade.

 

Este ano a xornada estará dividida en dúas áreas temáticas. A primeira centrarase en presentar casos prácticos de éxito de arquitectura eficiente e sostible realizados en España, e abordará as oportunidades do sector que estarán marcadas polas líneas estratéxicas europeas para o 2050. Así, a segunda estará destinada a explicar as axudas existentes para o aforro e a eficiencia enerxética por parte das distintas administracións dende as líneas de financiación europeas para proxectos innovadores no ámbito das enerxías renovables.

Ademais, a cidade de Ourense tamén contará co seu espazo no simposio, xa que se explicará o potencial termal da cidade, impulsora do proxecto europeo GeoAtlantic. É o primeiro proxecto europeo da Área Atlántica seleccionada para a promoción da xeotermia no espazo europeo, e está cofinanciado polo Programa de Desarrollo dos Fondos Interreg do Espazo Atlántico.

Artigos relacionados

Back to top button