EconomíaEconomíaÚltima hora

Expourense presenta dúas Feiras de Antigüidades como novidade do 2018

A Fundación vai organizar os eventos co apoio dos empresarios do sector en Ourense
O convenio asinouse entre Expourense e os anticuarios José Antonio Ferreiro e Gerardo Román. 

Expourense vai organizar dúas Feiras de Antigüidades. Esta é, segundo anunciaron dende a Fundación, unha novidade no calendario feiral para este ano 2018.

Estas citas celebraranse no mes de maio e no de novembro e contan co apoio dos empresarios do sector en Ourense tal e como o ratifica o convenio asinado entre Expourense e os anticuarios José Antonio Ferreiro Ferrares e Gerardo Manuel Román Iglesias. Estas dúas citas estarán organizadas directamente por Expourense coa creación do correspondente comité.

Dende a organización aseguran que nesta feira aplicarase o modelo de cooperación co tecido empresarial ourensán que ten dado moi bos resultados en citas como, por exemplo, os salóns do automóbil (coorganizados en colaboración con A.C.A.U.T.O.).

As dúas feiras de antigüidades son as novas citas dun calendario que inclúe a celebración de 13 feiras, 3 delas de carácter internacional (Xantar e Funergal, ademais de Termatalia que se celebra en Brasil), que unha vez máis foron incluídas no calendario de feiras internacionais publicadas no B.O.E. o 29/09/2017.

 

Artigos relacionados

Back to top button