
A Consellería do Medio Rural vén de informar de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio, quedou extinguido ás 20.07 horas de hoxe.
O lume iniciábase ás 06.16 horas do pasado venres e afectou finalmente unha superficie de 45 hectáreas, todas elas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse en total 2 técnicos, 12 axentes, 22 brigadas, 11 motobombas, 2 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 1 avión.
Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.