ConcellosQuirogaÚltima hora

Extinguido o incendio forestal de Montefurado (Quiroga)

Imaxe de onte do incendio forestal de Montefurado, visto dende Valdeorras.

 

Ás 12:20h. deste mércores 9 de agosto quedaba extinguido o incendio forestal que se iniciaba onte tás 15:26h. da tarde na parroquia lucense de Montefurado (Quiroga). Segundo as últimas estimacións provisionais feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, o lume afectaba a unhas 19,8 hectáreas.

Nos labores de extinción deste lume traballaron 3 técnicos, 10 axentes, 17 brigadas, 14 motobombas, 1 pa, 8 avións e 6 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button