
A pasada noite quedaban extinguidos os incendios forestais da parroquia de Grixoa (Viana do Bolo) e o de Barrio, no concello da Pobra de Trives.
O de Grixoa extinguíase ás ás 21,35 h. de onte, tras afectar a unhas 114,4 hectáreas (2 ha arboradas e 112,4 de monte raso), segundo informa a Consellería do Medio Rural. Nos seus labores de extinción teñen traballado 1 técnico, 14 axente, 39 brigadas, 23 motobombas, 2 pas, 3 avións e 9 helicópteros.
Por outra banda, ás 20,08 h. de onte quedaba tamén extinguido o incendio forestal de Barrio (Trives), tras afectar a 12,3 hectáreas (3 ha arboradas e 9,3 ha de monte raso). Nos seus labores extinción teñen traballado 6 axentes, 19 brigadas, 10 motobombas e 1 helicóptero.