ConcellosÚltima hora

Falece o condutor dun turismo tras chocar contra un camión na N-120, en Pantón

 

Rozando as 18:30h. desta tarde producíase un accidente de tráfico no quilómetro 543 da N-120, ao seu paso pola parroquia de Atán, no concello de Pantón (Lugo). No sinistro un turismo chocaba contra un camión e “as primeiras informacións facilitadas polos alertadores apuntaban a que a persoa era incapaz de abandonar o vehículo”, segundo informaba o 112 Galicia.

De inmediato, solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte de Lemos, da Garda Civil de Tráfico e dos servizos de mantemento da estrada. Ao mesmo tempo, o persoal sanitario comunicou a mobilización do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Unha vez no punto, os bombeiros empregaron o seu material de excarceración para liberar ao condutor do turismo, cuxo falecemento foi finalmente confirmado polos servizos de emerxencias. “Os bombeiros excarceraron ao condutor do turismo, por cuxa vida os servizos sanitarios nada puideron facer”, tal e como indica o 112 Galicia, que matizaba ademais que a estrada permanecía “cortada en ambos sentidos durante os traballos dos servizos de emerxencias”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button