ConcellosÚltima hora

Falece o doutor Rolando Perrotta, antigo anestesista no Hospital de Valdeorras

O doutor Rolando Perrota, nunha entrevista concedida anos atrás ao Periódico O SIL./ Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

O doutor Rolando O. Perrotta Parpinelli, que exerceu como anestesista no Hospital Comarcal de Valdeorras durante moitos anos, falecía na tarde do 24 de novembro no Barco aos 67 anos de idade.

De orixe arxentina e pai de dous fillos, o doutor Perrota foi tamén xefe da Unidade de Dor do hospital barquense. O seu tesón permitiu ademais durante unha longa etapa manter a actividade cirúrxica deste centro, onde se quedou como o seu único anestesista.

Ademais de estar considerado un moi bo especialista, era un profesional que se caracterizaba pola súa humanidade, sempre moi implicado e preocupado polos seus pacientes, polo que era moi coñecido e querido entre a sociedade valdeorresa.

 

O doutor Perrotta durante unha conferencia./ Foto: O SIL.

 

A súa capela ardente estará instalada a partir desta tarde no Tanatorio Santa Rita do Barco. Familia, amigos e veciños poderán darlle o seu último adeus nun funeral previsto para o martes 26 de novembro ás 17:45h. na igrexa de Santa Rita do Barco.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button