ConcellosÚltima hora

Falece un bebé barquense nun accidente na N-120 en Pantón

Producíanse dous accidentes con escasos minutos e diferenza e deixaban dous mortos

accide

Pasando Pantón (Lugo), na estrada en dirección a Ourense, producíase ás 17:19h. un accidente no punto quilométrico 538. Dous turismos colisionaban e resultaban feridas dúas persoas, segundo as primeiras informacións. Ata o lugar de accidente achegábanse os servizos de emerxencias  e a Garda Civil.

Un dos feridos era un bebé dun mes que, tal e como facía público o 112, “entrou en parada cardiorrespiratoria e o están atendendo os profesionais de Urxencias Médicas no lugar do accidente”. Finalmente, falecía. O seu pai, F.C. F. de 24 anos , que quedou atrapado no interior do vehículo, foi liberado e evacuado a un centro hospitalario, mentres que a nai, M.H.F. de 25 anos resultaba ilesa e chegaba ao hospital ourensán en estado de shock. A residencia do neno e dos seus pais está no Barco de Valdeorras.

Apenas uns minutos despois e tamén na N-120, pero á altura de Augas Santas, tiña lugar outro accidente de tráfico. Un home resultaba morto tras saírse da vía o vehículo que conducía. Ademais, quedaba atrapado no interior do coche e tiña que ser excarcerado polos Bombeiros de Monforte.

Artigos relacionados

Back to top button