A Pobra de BrollónConcellosÚltima hora

Falece un condutor na Pobra do Brollón tras caer co seu vehículo por un desnivel

Fonte: 112 Galicia.

 

Pasadas as catro e media desta tarde producíase un accidente de tráfico no lugar A Lama, na parroquia de Barxa de Lor do concello lucense da Pobra do Brollón. Un vehículo precipitábase por un desnivel a causa dunha saída de vía.

Axiña, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE)-112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Quiroga, dos axentes da Garda Civil, da Policía Local e dos membros de Protección Civil.

Os bombeiros de Monforte tiveron que dar uso ao seu material de excarceración para liberar a vítima do vehículo. Con todo, lamentablemente, o condutor xa falecera cando puido ser liberado.

Artigos relacionados

Back to top button