ConcellosQuirogaÚltima hora

Falece un motorista nun accidente de tráfico á altura de Nocedo (Quiroga)

 

Arredor das 18h. desta tarde de 7 de maio producíase un accidente de tráfico na estrada LU-933, entre o km 31-32, á altura de Noceda (Quiroga). No sinistro víanse implicados un turismo e unha moto. O 112 Galicia era informado do suceso a través dunha chamada dun particular, que se rexistraba ás 18:10h. e na que se comunicaba que o motorista estaba ferido.

O 112 Galicia alertaba de inmediato ao 061-Urxencias Sanitarias, ao GES de Quiroga, á Garda Civil de Tráfico , á Policía Local de Quiroga a a Protección Civil. Malia os esforzos dos servizos sanitarios, que lle practicaron manobras de reanimación, finalmente os equipos de emerxencia confirmaban 2o falecemento do motorista”, tal e como informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button