OurenseÚltima hora

Falece un operario tras caerlle unha árbore enriba en San Cibrao das Viñas

 

Accidente mortal en San Cibrao das Viñas. No mediodía deste martes 19 de maio falecía un operario tras caerlle unha árbore enriba, tal como informan dende a central de emerxencias do 112 Galicia que recibía a chamada de alerta dun particular ás 14:40 horas, informando dun grave accidente laboral na zona de Rante.

“Segundo indicaba o particular, a un traballador caéralle unha árbore enriba mentres realizaban labores de talla e, malia que o home xa estaba liberado, atopábase inconsciente e precisaba asistencia sanitaria urxente”, explican desde a sala de operacións dende onde informaban ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cuxos responsables decidiron enviar ao lugar o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén pasaban aviso ao GES do Pereiro de Aguiar e aos axentes da Garda Civil.

Con todo, “malia os esforzos realizados, os equipos de emerxencia só puideron confirmar o falecemento do traballador á súa chegada ao lugar do sinistro”, lamentan dende o 112..

Back to top button