OurenseÚltima hora

Falece unha persoa ao caer desde o tellado dunha nave en Esgos

 

Pasadas as 17h. da tarde deste 9 de novembro o 112 Galicia recibía un aviso solicitando asistencia sanitaria para unha persoa que caera dende o tellado dunha nave.

Con esta información, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén se avisou ao GES do Pereiro de Aguiar, á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Esgos.

“Os equipos de emerxencias desprazáronse ata o lugar, en Vilar de Ordelles, pero só puideron confirmar o falecemento da persoa, que caera dende unha altura de 4 metros”, segundo informa o 112 Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button