ConcellosÚltima hora

Falece unha persoa nun río en Veiga de Seixo (Riós)

 

Esta tarde un home perdía a vida nun río en Riós. “Os servizos de emerxencia nada puideron facer pola súa vida”, tal e como informa o 112 Galicia. O aviso chegaba pasados 10 minutos das 18 horas, despois de que un particular solicitase asistencia sanitaria urxente para un home que non respiraba. O suceso ocorreu nun río no lugar Veiga Seixo, na parroquia de Castrelo de Cima en Riós.

De xeito inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do “Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto, aínda que por desgracia, nada se puido facer pola vida da persoa”, indica o 112 Galicia, que tamén destaca que se solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil, dos membros do GES de A Gudiña e dos efectivos de Protección Civil.

Back to top button