OurenseSen categorizarÚltima hora

Falece unha persoa tras sufrir un atropelo na localidade ourensá de Verea

 

 

Unha persoa resultaba falecida a primeira hora desta mañá tras sufrir un atropelo en Verea.  A primeira chamada que se recibiu no 112 Galicia en relación con este suceso foi arredor das 6:05 horas, na que un particular alertaba dun peón camiñando pola estrada, a OU-540, polo quilómetro 30.

Porén, uns minutos máis tarde, informaba a Garda Civil de Tráfico de que a persoa sufrira un atropelo e atopábase falecida, sen que nada se puidese facer por salvarlle a vida.

Back to top button