SanidadeÚltima hora

Falecen 4 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, 1 delas na provincia

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse o falecemento nas últimas horas de catro persoas que foran diagnosticadas por coronavirus en Galicia, unha delas na provincia de Ourense. Trátase dunha muller de 74 anos que falecía o 20 de febreiro no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Ese mesmo día perdía a vida un home de 70 anos no CHUVI e un home de 62 anos no CHUS. Ademais Sanidade informa do falecemento dunha muller de 91 anos no CHOP neste 21 de febreiro.

Todas as persoas falecidas presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button