SanidadeÚltima hora

Falecen 6 persoas diagnosticadas por Covid en Galicia, dúas delas na provincia

 

Nas últimas horas Galicia vén de rexistrar o falecemento de 6 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, dúas delas na provincia de Ourense, tal e como acaba de notificar a Consellería de Sanidade. Trátase dun home de 83 anos e dunha muller de 89 anos, que estaban na Residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás. Ambos tiñan patoloxías previas.

Ademais perdían a vida un home de 77 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol, un home de 83 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, un home de 66 anos e unha muller de 88 anos (procedente da Residencia Santa Olalla de Boqueixón) no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button